jueves, 25 de julio de 2013

Galicia en loito.

 Quiero manifestar en este post mi más sentido pésame a todos los afectados del accidente de ayer en Santiago. Hoy es uno de esos días que permaneceran en nuestras retinas por mucho tiempo. Hoy toca pensar en los afectados y no pensar en los problemas politicos, enconómicos , etc.También es dia de emocionarse viendo imágenes y testimonios  muy duros en los medios de comunicación. Este post escrito en galego vai dedicado a todas as vítimas, os feridos, ás familias dos danificados  e os operarios que traballan sen descanso para que acabe este pesadelo!


Día moi duro o de hoxe. Galicia está afogada na tristeza despois do   terrible accidente acontecido onte.
Polo menos 78 mortos, 140 persoas feridas, entre eles 35 adultos e 4 nenos en estado crítico. É sin dúbida  o terceiro accidente ferroviario máis grave da historia de España. O goberno galego decreta por primeira vez sete días de loito oficial polos falecidos, porque ser galego é remangarse a camisa cando outro galego está en problemas. Días coma este, daste de conta que é un privilexio  moi grande formar parte desta gran familia como é Galicia, todos podemos chegar a ser un.
O pobo é realmente quen dende o primero momento está participando no rescate, axudando aos feridos, mostrando apoio ás familias  e doando sangue!
Impresionante a xente que se despraza ata Santiago para ir na axuda das vítimas , é incrible ver como enfermos  lles deixan as camas ás vítimas do accidente.
Moita forza para todos os afectados e ás familias! Estamos todos con vós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario